Outra
frase
|
|
Con
Vós
Idea
e conducción: Ramón Suárez O Muxo
FM
97.9 Radio Cultura
Os
domingos de 12.30 hs. a 14:00 hs. (hora local)
Por
Internet:
www.fmradiocultura.com.ar
Bernardo de Irigoyen 972 Subsuelo
- C1070AAT - Bos Aires, Arxentina
Correo:
Tel.
+(54 11) 5031-9807/08
|
"Con Vós"
é un programa radial que se emite tódolos domingos, ininterrumpidamente dende o 12 de xulio de 1998 . Esta proposta puxémola a andar coa idea de facer algo distinto -NON MELLOR DO QUE XA HABÍA - , na difusión da cultura galega.
O título pretende ser un abarcativo das dúas culturas que atinxen ao programa: con vós en galego, que é un xeito de dirixirme a tódolos galegos. E como oralmente con vos non ten til e tamén unha forma de dicirlle aos "Ches" no seu idioma (vos=ti) :estou contigo. En definitiva a proposta era estar preto da xente , e ao longo destes primeiros seis anos coido que se conseguiu. As chamadas dos ointes interesándose por moitos dos contidos do mesmo, non só nos convenceron de que acadamos o buscado, senón que ademais leváronnos a pensa-la creación desta páxina web, que terá: retallos do programa radial e algunhas outras cousas da nosa cultura e tradición.
No programa pasamos música galega de onte , nantronte e hoxe, informamos da actualidade galega e española así como do que pasa na colectividade aquí na Arxentina . A veces teño ganas de pasar un só tema non galego e pasoo dentro dun segmento que chamo "O Capricho do Muxo" .
Hai un "Curruncho do Muxo" no que lemos aos escritores galegos de tódalas épocas e, cando me peta, fago algún comentario editorial que pode ser sobre calquera cousa como o poderedes ver en algúns que inxerimos na páxina
PORQUÉ MUXO?: Porque é o alcume da familia de miña nai. Polo que eu son oficialmente Ramón Suárez Álvarez e, afectivamente " muxo "
, e sendo "Con Vós" unha proposta afectiva, pareceume axeitado facela co nome que ademáis tamén reflicte a miña identidade galega. Exemplifico co que lle pasou a un primo, que é médico aquí na Arxentina que se chama José Eduardo Amadeo Álvarez. Seu pai foino a buscar á residencia donde traballaba e preguntoulle a un grupo de médicos, polo doutor "Tati". Polas risas dos compañeiros déuse conta que preguntara polo nome afectivo (o que el sinte) e non polo oficial.
MUXO:
Peixe mariño comestible, de cor negra polo lombo e prateada polo ventre, de beizos grosos. Tamén se di
muxe. É un peixe azul coma a sardiña, o xurelo, etc. Na
Arxentina coñecese por "lisa".

Ramón
Suárez O Muxo xunto a Carlos Núñez e o Tigre Noya,
cociñeiro
do restaurante "O Toxo" de Bos Aires (outubro de 2003)
Ver
galería Fotos de Familia