Ir a inicio

Escríbanos

 Buscar dentro del sitio

Todos los domingos de 12.00 a 13.30 hs, hora local

Presentación | Misceláneas  |  Editoriales |  Lecturas |  Agenda  |  La queimada |  Himno  Camino de Santiago  Fotos de Familia  |   Humor  Mensajes

  • Presentación
  • Misceláneas
  • Editoriales
  • Lectura
  • Agenda
  • La Queimada
  • Himno
  • Fotos de viajes
  • Camino de Santiago
  • Fotos de familia
  • Humor
  • Mensajes

 

Países desde donde

visitan esta web

Locations of visitors to this page

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 
                                         

 

 

Misceláneas

          

DEIXOUNOS UNHA GRAN MULLER

 

 

O vinteseis de xullo ás cinco da mañá, produciuse o pasamento, no Hospital Español de Buenos Aires, de que sen dúbida, foi a máis importante comunicadora da diáspora galega, a señora Maruja Boga. Muller dunha impresionante personalidade, será lembrada coma unha muller con principios inquebrantables, leal e honesta a morrer. Sen dúbida deixa Maruja un hoco moi fondo entre todos os que tivemos o lecer de tratala.

Seguidamente un curto currículo da egrexia Maruja

 

Naceu na cidade de Buenos Aires -barrio de Barracas-, o 27 de marzo de 1916; é filla de galegos - nai de Noia, pai de Lestrove-. Maruja ten o carnet de Locutora Nacional Nº 1010.
Xa en 1931 actuaba recitando en galego e interpretando obras teatrais en festivales da colectividade, co actor Emilio Estévez; con Gumersindo Vázquez "O Paroleiro" e despois con Fernando Iglesias "Tacholas"; nos salóns da Casa de Galicia; Centro de Almaceneros; Centro Asturiano; Región Leonesa; Centro Betanzos; Casa Balear -todos da capital arxentina-; e outros do gran Buenos Aires.
En 1935, xa recibida no Conservatorio Nacional de Música e Declamación; a actriz e cantante Maruja Villanueva, levouna a Radio Prieto na que tiña unha audición galega con Maruja Iniesta -tamén actriz e cantante- xuntándose entón as tres Marujas para facer o programa "Galicia". Ademais fan teatro galego con obras de Varela Buján nos teatros: Maravillas; Mayo; Argentino e Solís de Montevideo e na cidade de Rosario.
O 14 de agosto de 1941, a compañía galega de Maruja Villanueva, estreou no teatro Mayo, a obra en tres actos de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, "Os vellos non deben de namorarse", na que Maruja Boga foi a protagonista do terceiro acto interpretando o personaxe de "Pimpinela".
O 8 de outubro de 1939 coñecera en Radio Prieto ao "Locutor olímpico", Alfredo Aróstegui que voltara de transmitir os xogos olímpicos de Berlín do ano 36, pasando logo por España como corresponsal de guerra.. Aróstegui, repúblicano "a muerte", viña co sangue no ollo, polo que vira na guerra civil; comezou con Maruja Boga (otra republicana de ley), unha audición titulada "Variedades 1939", que se irradiaba todas as mañás con base de poesía, música, comentarios da actualidade, e na que sempre se poñía algo de Galicia, xa fora música ou poesía; xa que Don Teodoro Prieto, dono da emisora non quería audicións totalmente galegas, deica un día de 1945 no que suspendeu a audición dicíndolles aos responsabels que se querían seguir tiñan que alugar o espazo. Puxéronse en comunicación con "Tacholas" e Enrique González e sairon a buscar publicidade, loitando con moitas ganas, puideron saír ao aire o 5 de agosto de 1945. O programa chamábase "Recordando a Galicia" e emitíase todos os domingos de 13 a 13,30 pola misma emisora, aínda que pasou a chamarse Radio Buenos Aires.
"O Guieiro" Castelao, abriu a transmisión con fermosas palabras que desgraciadamente non foron recollidas nunha grabación. Actuaron nesa primeira emisión: a coral "Os Rumorosos"; os acordeonistas "Hermanos Moreira"; o conxunto de gaitas de Manuel Dopazo; o tenor Domingo Caamaño e Antonio Colacico. Quedando todos incondicionalmente á disposición do programa para que éste poidera seguir adiante. Por este programa destinado a exhaltar a un pobo laborioso e honesto; a destacar a súa cultura, súa arte; súa música; seus costumes; súa gastronomía e as súas necesidades de entón, pasaron moitas figuras renombradas do teatro; poetas; pintores; periodistas; personalidades da colectividade galega; da industria e do comercio; coma tamén integrantes das institucións galegas.
Ante o peche de Radio Buenos Aires, o programa pasou a Radio Rivadavia hata marzo de 1968, logo foi a Radio Antártida e, por fin a Radio del Pueblo na que rematou o 25 de marzo de 1984. Os aumentos no custo pola crecente inflación, que non poideron ser soportados polos responsables do programa, deixaron ao colectivo galego sin "Recordando a Galicia", despois de case trinta e nove anos de emisión ininterrumpida. O programa acabou feito por Maruja e Aróstegui, pois "Tacholas" deixarao anos atrás e Enrique González, morrera.

Algunhas personalidades que pasaron por "Recordando a Galicia":


Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Gumersindo Sánchez Guisande
Ramón Rey Baltar
Ramón Suárez Picallo
Rodolfo Prada
Domingo Maza (escultor)
Alonso Ríos
Avelino Díaz (poeta)
Emilio Pita (poeta)
Victor Luis Molinari (escritor)
Arturo Cuadrado (poeta y editor)
Isidro Maiztegui (músico)
Carlos Bóveda (pintor)
Manuel Cordeiro (pintor)
Lolita Torres (actriz y cantante)
Virginia Luque (cantante)
Zully Moreno (actriz)
Enrique Muiño (actor)
Santiago Gómez Cou (actor)

E numerosas autoridades das entidades da colectividade.

 

 

Pulsar en cada fotografía para verla ampliada

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

"Con Vós"   2004 - 2010

Diseño Servi- Web

 Contacto

  

© www.galiciaconvos.com.ar