Ir a inicio

Escríbanos

 Buscar dentro del sitio

Todos los domingos de 12.00 a 13.30 hs, hora local

Presentación | Misceláneas  |  Editoriales |  Lecturas |  Agenda  |  La queimada |  Himno  Camino de Santiago  Fotos de Familia  |   Humor  Mensajes

  • Presentación
  • Misceláneas
  • Editoriales
  • Lectura
  • Agenda
  • La Queimada
  • Himno
  • Fotos de viajes
  • Camino de Santiago
  • Fotos de familia
  • Humor
  • Mensajes

 

Países desde donde

visitan esta web

Locations of visitors to this page

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 
                                         

 

 

Misceláneas

 

 

FUNDACIÓN XOSÉ NEIRA VILAS

 

RECORDATORIO AOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

 

PREMIO ARUME DE POESÍA PARA NENOS/AS

 

 

A Fundación Xosé Neira Vilas, fai lembranza da convocatoria do VI Premio Arume de poesía para nenos/as, cuxo prazo de presentación remata o 31 de outubro de 2011.

 

            A Fundación Xosé Neira Vilas, supón todo un logro nunha iniciativa no medio rural de Galicia e que está servindo de modelo para extrapolar  a outros lugares. Situada nun lugar no que  a maior parte da poboación se atopa fóra dos grandes núcleos de poboación e precisa unha atención nos aspectos asociativos, lúdicos e culturais, igual que os que se poden ter nas cidades.

 

         Neste sentido é clave comprender a figura dun escritor tan senlleiro como Neira Vilas, que decidiu retornar á terra, para facer un labor cos nenos/as dos lugares de onde el naceu, para abrir unha biblioteca e organizar actos, arroupado pola axuda dunha Fundación na que se insiriu entre outros a inestimable colaboración da súa dona Anisia Miranda recentemente desaparecida, os compoñentes do Padroado  e unha bibliotecaria que cumpre cos labores técnicos de atención das instalacións.

 

         A partires de aquí, da apertura da biblioteca na “Casa do Romano”, o seu funcionamento diario fai que sexa frecuentada por moitos nenos diariamente, cun pequeno museo etnográfico, xornadas de animación á lectura, charlas e conferencias que crean un ambiente cultural na zona e dinamizan en sobremaneira un lugar rico en tradicións e riquezas.

 

         Recentemente, levouse a cabo a instalación de equipos informáticos, que están a dar acceso libre e gratuíto a unha ampla zona, na que ata hai pouco era imposible pola instalación telefónica sen fío.

 

         Nos pasados anos, foi notable o éxito alcanzado pola convocatoria do Premio de Poesía Infantil en Galego “Arume”, ao que concorreron bienalmente máis de medio cento de autores que cultivan en toda Galicia este xénero tan pouco frecuente.

 

A partires desta iniciativa, non só se obtivo unha gran repercusión nos medios de comunicación para a poesía infantil, co outorgamento e entrega dos premios, presidida responsables da Administración Autonómica, senón que como obxectivo definitivo, conseguiuse a publicación de obras que están xa ao dispor de lectores e nenos – receptores  para por todos os colexios e asociacións da xeografía galega.

 

         Por outra banda, neste ano 2011 a Fundación convocou o VI Premio “Arume” de Poesía Escrita para nenos/as Pensamos que é de suma importancia o fomentar a faceta de creación dunha poesía infantil, para ser lida e recitada en galego dentro da nosa poboación en idade escolar, para así complementar e reforzar os contidos escolares, mediante unha iniciativa civil canalizada polos especialistas que a Fundación pon ao seu dispor, sempre todo coordinado e revisado por escritores da experiencia de Xosé Neira Vilas. A obra é premiada con 1.000 € e a publicación que levará a cabo Edicións Embora. (Na presentación entregaremos orixinais das bases).

 

         Gañadores/as doutras edicións foron Marica Campo, Xosé Mª Álvarez Cáccamo, Concha Blanco, Helena Villar e Xoán Babarro, que deron gran prestixio ao premio.

 

         En realidade, supón un logro magnífico, que un centro cultural destas características funcione a moita distancia dos habituais núcleos xeradores e aglutinadores de cultura no noso tempo, como son os núcleos urbanos. Dende esta perspectiva, a Fundación, coa súa actividade, fomenta o aprecio ao propio e colabora a que a aldea teña a relevancia que merece para os seus habitantes, entorno circundante  e forasteiros que sempre son ben acollidos.

 

         Esta experiencia, parécenos que  ha resultar edificante para todas e todos aqueles que día a día chegan a visitarnos á Casa do Romano, provindo de calquera punto da xeografía mundial, sempre co denominador común do interese pola cultura galega.

 

         Así, esta Fundación é todo un referente tamén para a Galicia emigrante, que obtivo tantas veces o indicativo necesario e auténtico da terra, nos libros e escritos de Neira Vilas. A traxectoria literaria, así como a temática abordada nos seus escritos, creou todo un estilo propio, e o seguimento por parte de miles de galegos/as que están ou estiveron na diáspora,  especialmente en Cuba e Arxentina, ademais dos que residen nos lugares máis insospeitados do  mundo enteiro.

 

Prazo de presentación de orixinais: 31 de outubro de 2011.

Máis información: 986 58 90 26

Publicación das bases: www.fundacionxoseneiravilas.com

 

Gres, Vila de Cruces, 7 de outubro de 2011