Ir a inicio

Escríbanos

 Buscar dentro del sitio

Todos los domingos de 12.00 a 13.30 hs, hora local

Presentación | Misceláneas  |  Editoriales |  Lecturas |  Agenda  |  La queimada |  Himno  Camino de Santiago  Fotos de Familia  |   Humor  Mensajes

  • Presentación
  • Misceláneas
  • Editoriales
  • Lectura
  • Agenda
  • La Queimada
  • Himno
  • Fotos de viajes
  • Camino de Santiago
  • Fotos de familia
  • Humor
  • Mensajes

 

Países desde donde

visitan esta web

Locations of visitors to this page

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 
                                         

 

 

Misceláneas

 

         

AXUDAS ECONÓMICAS 2012 CENTR. GAL. ARX.

CONVOCATORIA

 

 

 

 

            
O día 16 de xaneiro de 2012, publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución da Secretaría Xeral da Emigración pola que se convoca o programa Axudas Económicas Individuais para o exercicio de 2012. Dada a importancia deste programa consideramos conveniente que esa entidade galega se dirixa aos membros da colectividade galega que se podan atopar nalgúns dos supostos de necesidade establecidos, para informarlles deste programa.

Consiste na concesión de axudas a galegos residentes no exterior que se atopen nalgún dos sete supostos de necesidade contemplados nos artigos do 4º ao 10º.

Os supostos de necesidade contemplados son:

· Axudas por encontrarse a unidade familiar en situación de precariedade.

· Axudas por situación de dependencia ou enfermidade grave do solicitante.

· Axudas por situación de dependencia o enfermidade moi grave no seno da unidade familiar.

· Axudas por situación de invalidez ou enfermidade permanente.

· Axudas para a cobertura de medicamentos e tratamentos de enfermidades crónicas ou graves cando teñan un custe elevado.

· Axudas para as mulleres que sufran violencia de xénero

· Axudas para paliar unha situación de desemprego na unidade económica familiar


O artigo 4º “situación de precariedade” só é aplicable nos países iberoamericanos que non teñan establecido convenios en materia de seguridade social co Estado Español. Nesta situación están, entre os países nos que se presentaron solicitudes nos últimos anos, Cuba e Panamá.

Poderán ser beneficiarios destas axudas:

1.- Os/as emigrantes galegos/as, e os seus fillos, maiores de 18 anos, que posúan a condición de galego. Esta condición xustificarase mediante:

o a. Pasaporte español en vigor, ou certificado de inscrición no Rexistro de Matrícula Consular ou outro documento xustificativo que acredite a nacionalidade española.

o b. Unha das seguintes documentacións:

i. Documento no que conste ser nacido en Galicia ou que a última veciñanza administrativa en España fose en Galicia.

ii. Estar vinculado con calquera concello galego no censo electoral de residentes no exterior e ser descendente ata o primeiro grado de consanguinidade dunha das persoas descritas no punto anterior.

2.- Os netos de emigrantes galegos, maiores de 18 anos, que posúan a  condición de galego de acordo co que se establece nos puntos 1.a e 1.b ii anteriores (para netos) e acrediten un ano de residencia en Galicia, mediante calquera xustificación en documento oficial.

3.- No caso de falecemento das persoas indicadas en calquera dos apartados anteriores, poderán ser beneficiarios por unha única vez das axudas previstas no suposto de axudas por situación de dependencia ou enfermidade grave, o cónxuxe viúvo, a parella de feito ou relación análoga e os fillos, sempre que se non transcorrerán máis de 15 meses desde o falecemento. Esta condición xustificarase mediante:

o Certificado de defunción da persoa falecida

o Xustificación do matrimonio, parella de feito,…

o Condición de galego da persoa falecida de acordo co especificado nos puntos 1 e 2 anteriores.


O prazo de presentación de solicitudes remata o día 1 marzo de 2012.


Poderase descargar o texto completo e as solicitudes na páxina web desta secretaría xeral www.galiciaaberta.com.


Subdirector Xeral de Programas Sociais
Ramón Brigos Fernández