Ir a inicio

Escríbanos

 Buscar dentro del sitio

Todos los domingos de 12.00 a 13.30 hs, hora local

Presentación | Misceláneas  |  Editoriales |  Lecturas |  Agenda  |  La queimada |  Himno  Camino de Santiago  Fotos de Familia  |   Humor  Mensajes

  • Presentación
  • Misceláneas
  • Editoriales
  • Lectura
  • Agenda
  • La Queimada
  • Himno
  • Fotos de viajes
  • Camino de Santiago
  • Fotos de familia
  • Humor
  • Mensajes

 

Países desde donde

visitan esta web

Locations of visitors to this page

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 
                                         

 

 

Misceláneas

          

DÍA DAS LETRAS GALEGAS EN BUENOS AIRES

COA PRESENZA DO PRESIDENTE DE GALICIA

 


Importantes actos en Buenos Aires, para conmemorar o Día das Letras Galegas.


A xunta de Galicia resolveu facer a celebración institucional do día das letras galegas en Buenos Aires, para elo, o preidente da Xunta trasladóuse á “Raíña do Prata”, con unha comitiva que integraron destacadas personalidades da cultura como: Isaac Díaz Pardo; Xesús Alonso Montero; Amancio Prada e o grupo Leilía.


Isaac, monumento vivente da nosa cultura, fíxonos rir e emocionar a todos, na inauguración da mostra de traballos de Luis Seoane no Centro Cultural Borges.


Alonso Montero, deleitóunos coa súa marabillosa prosa; nunha conferencia sobre Valle Inclán, dada no Centro Betanzos; na apertura da antedita exposición e, na presentación no café Tortoni do libro, “Poemas en Lingua Galega” de Eduardo Jorge Bosco (Buenos Aires, 1913-1943), con edición, prólogo e notas do propio Alonso Montero. Neste acto, a intérprete arxentina, Graciela Pereira, musicalizadora dos poemas de Bosco, cantou un par deles.


Amancio Prada foi o prato forte, na reapertura do Teatro Castelao do Centro Gallego de Buenos Aires, no que, tamén, cantou tangos arxentinos o gran intérprete Hugo Marcel, acompañado dunha moi boa parella de baile.
Este acto, no que recitaron senllos poemas de Xosé María Álvarez Blázquez , -o homenaxeado deste ano-, un alumno e unha alumna do Colexio Santiago Apóstol, foi pechado coa interpretación do Himno Galego polo coro do Centro Gallego de Buenos Aires.


O grupo Leilía, actuóu o día dezasete, no Centro Galicia, despois dunha, numerosa, banda de gaiteiros local. A calidade amplamente recoñecida destas mulleres, evidenciouse, unha vez máis, diante de catro mil persoas que as aplaudiron a rabiar. Neste acto pronunció magníficas palabras en galego o presidente anfitrión, Héctor Fernández , e despois da lectura de poemas por alumnas e alumnos do colexio Santiago Apóstol e da interpretación dunha canción galega polo coro do mesmo instituto; o Himno Galego, interpretado conxuntamente polos coros das sociedades de Residentes de Vigo e Arantei, Vilamarín A Peroxa, foi digno broche para unhas celebracións do Día das Letras Galegas que non esqueceremos.


Don Emilio Pérez Touriño, presidente da Xunta de Galicia, presidiu a inauguración da mostra de Luis Seoane, a gala no teatro Castelao, unha homenaxe aos escritores arxentinos, Jorge Luis Borges, Julio Cortazar e Ernesto Sábato, así como a presentación no café Tortoni.


Tivo un curto encontro cos presidentes das entidades galegas antes de participar no multitudinario acto do día dezasete e, fora recibido na casa de goberno por Julio Cobos, vicepresidente da Argentina, -en exercicio da presidencia por ausencia de Cristina Fernández-, a quen lle manifestou o desexo de que se atopen na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela no 2010, -ano do bicentenario da Argentina- a presidenta Fernández e o presidente Rodríguez Zapatero.


Algunhas expresións do mandatario galego nos dous días de actos en Buenos Aires:


No Centro Cultural Borges dixo de Seoane:“home incansable que enguliu con fruición as últimas tendencias artísticas” e que demostrou que “a conquista da condición universal só é posible cando se bebe nos mananciais da cultura propia, específica de cadaquén, e se mantén unha insubornable lealdade ás raíces”.


O presidente referíuse ao artista coma “o símbolo dunha Galicia cos poros abertos a todos os eventos e acentos culturais do mundo. Unha Galicia, en definitiva, con vocación universal”.

Na reapertura do Teatro Castelao dixo: “ É un fermoso tributo á memoria do autor de “Sempre en Galiza” que un teatro galego, situado no corazón mesmo do seu amado Buenos Aires, inscriba no seu frontispicio o nome daquel sinxelo home nacido en Rianxo, médico non exercente, artista escritor e político que logrou coas súas caricaturas, cos seus debuxos, cos seus escritos e coa testemuña da súa vida exemplar, expresar como só Rosalía o fixera antes que el, as arelas e os devezos máis fondos do pobo galego”.


“houbo quen comentou, inocentemente, que a Xunta e o seu Presidente íamos celebrar esta ano o Día das Letras Galegas por primeira vez fóra de Galicia. Pero equivocouse, non é certo”.


“estamos a celebrar o Día das Letras Galegas en Buenos Aires, si, pero tamén en Galicia: Porque no Teatro Castelao de Buenos Aires, estamos en Galicia, porque vós sodes Galicia e porque estando coa colectividade galega en Arxentina estamos sempre en Galicia”.


“neste Día das Letras Galegas que celebro por primeira vez con vós, cos galegos da Arxentina, quero extender esta homenaxe a Xosé María Álvarez Blázquez aos escritores galegos que, desdes esta cidade de Buenos Aires e en íntima e estreita relación coa colectividade galega, continuaron escribindo en lingua galega, enriquecendo o noso patrimonio literario e fornecéndonos de obras que hoxe se estudan en todos os colexios de Galicia”.


“Estoume referindo por suposto, ao xa citado Castelao, pero tamén a Luis Seoane, a Rafael Dieste, a Eduardo Blanco Amor, a Lorenzo Varela, todas elas figuras que xa recibiron no seu momento a homenaxe do Día das Letras Galegas”.


De Eduardo Jorge Bosco, dixo no Café Tortoni: é exemplo dos moitos grandes poetas que escribiron e escriben sobre Galicia ou en galego sen ser “procedentes da estirpe de Breogán”. O titular da Xunta citou, ademais do caso de Eduardo Jorge Bosco, os poemas en galego doutros autores como Federico García Lorca ou o catalán Carles Riba que escribiu, con 17 anos, uns poemas en galego que resultan “conmovedores para calquera lector”.


“O amor entre escritores e os fillos de Breogán non faltou tampouco na Arxentina”, “un país no que as circunstancias eran especialmente propicias dado o gran número de persoas galegas residentes nel”. “Relevantes foron as parellas formadas por Julio Cortázar e Aurora Bernárdez e Ernesto Sábato con Elvira González Fraga”. “Estas relacións constituíron un poderoso imán que achegou a ambos os dous escritores a Galicia, converténdoos en amigos e entrañables propagandistas da nosa terra”.


Do último acto institucional no Centro Galicia saliento as seguintes frases do presidente galego:


“Sen os galegos da Argentina a cultura galega tería perecido; sen a Galicia de aquén do mar moitas das aventuras intelectuais da Galicia contemporánea non serían posibles”. “Nesta terra de acollida estiveron os nosos emigrantes e tamén os nosos emigrados”, “cando en Galicia non se podía editar en galego, editábase en Argentina” ,“cando Galicia semellaba separarse do mundo, do renacer da vella Europa durante unha longa noite de pedra, os nosos artistas bebían de todas as vangardas creativas e eles mesmo constituíronse en vangarda que anovou a arte galega da posguerra civil”.
“vitais para Galicia os 20 anos que foron de 1940 a 1960”. “Nesta época, unha “longa ringleira de ilustres patrianos fixeron posible o renacemento cultural de Galicia cando todas as causas semellaban mortas”. “Porque sen o esforzo creador dos galegos do exterior nesta época non haberíamos tido futuro”.

 

 

Pulsar en cada fotografía para verla ampliada

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

"Con Vós"   2004 - 2008       

Diseño Servi- Web

 Contacto

  

© www.galiciaconvos.com.ar